En  Simbiose cremos no voluntariado como a ferramenta de educación non formal máis potente de transformación social. Conseguir que o dereito á participación sexa un dereito de todas as persoas independentemente da súa  étnia, cor, sexo, xénero, idioma, relixión, nacionalidade, capacidade, posición económica ou calquera outra condición, é a nosa prioridade. Romper coa dicotomía  axudador-axudado tamén o é, e para iso necesitamos o teu apoio e poñémoscho moi fácil!

Faite socio/a!

Converterse en #SuperSimbiosiño outórgache un gran superpoder  e, como todos/as sabemos, iso conleva unha gran responsabilidade. A responsabilidade de ser consciente de que grazas a ti podemos levar a cabo a nosa labor cada día, apostando sempre por un tempo lecer divertido, fresco, innovador, transformador e accesible para todos e todas. 

 

Lembra que somos unha equipa conformada ao 100% por persoas voluntarias, e a túa achega fai que sigamos apostando por este proxecto no que poñemos todas as nosas ganas, esforzo e ilusión.

 

Elixe canto, cando e como facerte socio/a a través da seguinte ligazón: FAITE SOCIO/A DE SIMBIOSE.

 

Contamos contigo!

Faite superMaría, superXaime, superLola…forma parte da familia #SuperSimbiose e farás realidade cousas tan necesarias como:

 

  • Con 12 euros anuais: pagarás o seguro dunha das túas  accións favoritas durante todo o ano!
  • Con 5 euros ao mes: asegurarás os materiais necesarios para a nosa acción de clasificación e redistribución de roupa durante todo o ano!
  • Con 10 euros ao mes: conseguirás que persoas con dificultades económicas participen en igualdade de condicións nas nosas actividades.

Doa!

En  Simbiose estamos desexando medrar para ofrecer accións novas, desas que entusiasman, e facelas accesibles e divertidas para máis e máis xente.

 

Grazas á confianza que nos destes, conseguimos apoiar a dez entidades da cidade. Poder continuar con este proxecto fai que cada achega sexa fundamental: un euro ou cen! Buscamos persoas coma ti, curiosas, que, coma nós, valoren a participación local.

 

Doar é tamén unha forma de facer Simbiose: Co diñeiro, pagamos seguros de voluntariado, transportes das persoas voluntarias ata as accións e materiais para levar a cabo as actividades. E por suposto, facemos a nosa parte: poñendo moito agarimo, esforzo e dedicación, porque somos unha equipa ao 100% de persoas voluntarias!

 

E ademais, poñémoscho fácil: Podes facer as doazóns puntuais por transferencia bancaria ou por ingreso ao noso número de conta:  ES20 2100 2323 9802 0038 1466

 

Contamos contigo!

Grazas por confiar en Simbiose

______________________________________________________________________________

 

ES20 2100 2323 9802 0038 1466

Titular Asociación Simbiose. / Conta de CAIXA BANK

Outras formas de colaborar

Ao ser unha asociación sen ánimo de lucro todas as nosas actividades dependen de aportacións solidarias. Por iso, toda axuda é benvida por pequena que sexa.

Se te consideras unha destas persoas podes unirte ao apoio da nosa asociación facéndote “teamer” por tan só 1€ ao mes. Cantas máis persoas formen parte do noso grupo, máis accións poderemos levar a cabo!

Clica na seguinte ligazón e poderás unirte ao noso grupo de colaboradores. Non te preocupes, Teaming é unha plataforma recoñecida e totalmente segura.

Doando: podes realizar unha donación puntual ou mensual ao noso número de conta co importe que consideres oportuno. Lembra que todo axuda!

ES20 2100 2323 9802 0038 1466

Nómina solidaria: É un sistema que consiste en redondear as nóminas ata chegar a un número enteiro. Podes redondear as nóminas daqueles e daquelas traballadores/as que queiran colaborar en 1 euro, 2 ou os que consideres máis oportuno. Un sistema moi sinxelo que pode marcar moito a diferenza!

Aínda non temos campañas dispoñibles. Agardamos sorprenderte en breves con algunha das nosas campañas innovadoras!