Como colaboramos coas empresas?

En Simbiose, organizamos seminarios e formacións para o persoal da empresa e accións que promocionen a participación social. Propoñemos e xestionamos accións solidarias feitas á medida das necesidades do empresariado e da plantilla. Unha boa idea!
Se a empresa valora a participación solidaria, o persoal empregado pode dispoñer dun pequeno tempo de traballo para labores sociais e ambientais. Propoñemos acceso ao Calendario que oferta a posibilidade de participar ao longo do ano en accións curtas, accesibles, e motivadoras.Por que non probalo?