Como colaboramos coas entidades?

Nun primeiro momento, unha reunión para coñecernos e compartir valores e necesidades de ambas partes, o que asenta as bases de calquera colaboración.

Por que colaborar é interesante? Porque permite gañar en visibilidade para a entidade, optimizar recursos ou complementar accións preexistentes con apoios puntuais. Iso si, sen xerar máis traballo, sen crear novas necesidades e sen substituír ao persoal da entidade.

A continuación, deseñamos unha primeira acción conxuntamente (datas, número de participantes, obxectivo…) para ir probando, sempre cumprindo co formato de Simbiose: curtas, colectivas, puntuais, accesibles e concretas.

A idea é poder apoiar accións existentes ou deseñar novas accións que sexan útiles!

Nós encargámonos da captación de participantes, da acollida e do bo desenvolvemento de cada actividade.

Tras as primeiras accións e axustes, se ambas partes estamos satisfeitas, o seguinte paso é asinar un convenio para facer a colaboración máis perenne e establecer reunións de seguimento que nos permitan adaptarnos ás novas necesidades.

Colaboramos… ou queres saber máis?

Contacta con nós en info@asociacionsimbiose.org ou na sección de Contacta.

Unha mostra do noso traballo en rede