A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Xunta de Galicia convocan anualmente as axudas de Iniciativa Xove.
Nós, coma grupo informal, presentamos unha proposta de proxecto que foi seleccionada e financiada, chamada “Facilitando a participación xuvenil“.
Grazas a ela, puidemos informar e sensibilizar a mozos/as en varios distritos da cidade da importancia da participación local, captar a futuros e futuras participantes da plataforma e tamén construír a nosa APP móbil.