Carta ás persoas participantes

En Simbiose só ofertamos acción nas que cremos e que oferten unha oportunidade de educación non formal, unha alternativa de lecer saudable e comprometido e que ademáis fomenten a cohesión social. Por todo elo, todas as oportunidades de participación que ofertamos están coidadosamente desenvoltas para que, ao tempo que respostan a unha necesidade social e/ou ambiental, as persoas que participen as experimenten de xeito satisfactorio e pleno.

Para que isto funcione da maneira máis óptima posible, tan só lles pedimos ás persoas que deciden participar: compromiso, motivación, ilusión e seriedade con estas accións solidarias. Consideramos que estas actitudes son imprescindibles para garantir o bó desenvolvemento das mesmas, a seguridade propia e a de todas as persoas implicadas; á vez que para ofertar unha experiencia enriquecedora que promova o cambio social.

INSCRICIÓN NAS ACCIÓNS

Todas as persoas que queiran inscribirse nas nosas accións poden facelo a través da nosa páxina web [www.asociacionsimbiose.org], na nosa sección de calendario. Pódense seguir os pasos no noso apartado de como participar.

Unha vez seguidos os pasos, as persoas participantes só estarán inscritas en caso de que lles chegue un correo electrónico de confirmación da actividade. Todas as inscricións son individuais (excepto no caso de país, nais ou titores/as legais que participan con fillos/as menores de 16 anos). Isto non quere dicir que non se podan inscribir varios/as amigos/as, senón que o deben facer de xeito individual e nunca aparecer por sorpresa, pois as accións están deseñadas para un número máximo de persoas, garantindo así o seu bo desenvolvemento e a seguridade de todas as persoas implicadas.

No caso de precisar cancelar a participación nalgunha actividade deberase facer enviando previamente un correo a participacion@asociacionsimbiose.org, sendo moi importante este feito, pois cancelando dáse a oportunidade a outras persoas para poder participar. No caso de que a cancelación se faga no mesmo día da actividade, deberá informarse á persoa de referencia o antes posible e asegurarse de que dita persoa queda informada. Non informar supón unha baixa na participación agardada para o bó desempeño da actividade, polo que é moi importante comunicalo.

 

DURANTE A ACCIÓN

As persoas participantes deben chegar a tempo ás diferentes actividades e permanecer presentes durante toda a duración da mesma. Unha vez finalizada, deben quedarse durante o tempo de almacenaxe e limpeza, en caso de ser necesario.

Todas as actividades de Simbiose teñen un carácter colectivo, polo que as persoas participantes nunca deben permanecer solas cunha persoa destinataria durante a actividade en cuestión, salvo que a entidade asociada e Simbiose o autoricen.

As persoas participantes deben respectar a confidencialidade que poda esixir un proxecto ou acción; por iso, Simbiose poderá solicitar ás persoas participantes firmar un acordo de confidencialidade.

En Simbiose pedimos ás persoas que se inscriben nas actividades que teñan sempre presentes os valores e principios da entidade, que dean o mellor de si mesmas nas actividades e que segan as instrucións impartidas pola persoa representante de Simbiose nesa actividade e a entidade asociada.

As persoas participantes non deben realizar durante o transcurso dunha actividade ningún tipo de comentario discriminatorio (homófobo, racista, xenófobo,  capacitista, edadista, etc.), nin actuar de xeito violento (físico, verbal ou psicolóxico) ou ferinte cara calquera persoa implicada na actividade.

 

DEREITO DE ADMISIÓN E EXPULSIÓNS

Simbiose resérvase o dereito de admisión ou de expulsión en calquera das acción que se leven a cabo co fin de salvagardar o bo desenvolvemento da acción, as persoas participantes e a entidade coa que se está a colaborar. Algúns dos motivos polo que se pode rexeitar unha candidatura ou expulsar a alguén dunha acción son:

  • Continuos retrasos ou saídas anticipadas sen xustificación.
  • Non acudir ás reunións informativas ou de capacitación na actividades que así o requiren.
  • Ausentarse en reiteradas ocasións das actividades sen cancelación previa ou cancelando reiteradamente de xeito precipitado sen xustificación.
  • Incumprir a confidencialidade das accións, persoas que participan nas mesmas, persoas das propias entidades e documentos privados das mesmas.
  • Calquera comportamento violento, inapropiado ou que vaia en contra dos nosos principios e valores.
  • Continuos comentarios discriminatorios.

 

COMUNICACIÓN PARTICIPANTE-SIMBIOSE

Se unha persoa participante das nosas accións ten algún tipo de pregunta, comentario, problema con outra persoa participante, destinatarias, etc. debe comunicalo de inmediato coa persoa representante de Simbiose na actividade. No caso de non querer comunicarllo a esa persoa, debe poñerse en contacto o antes posible co equipo de Simbiose para intentar resolver a situación.