Manual para participantes

En Simbiose só ofertamos acción nas que cremos e que oferten unha oportunidade de educación non formal, unha alternativa de lecer saudable e comprometido e que ademáis fomenten a cohesión social. Por todo elo, todas as oportunidades de participación que ofertamos están coidadosamente desenvoltas para que, ao tempo que respostan a unha necesidade social e/ou ambiental, as persoas que participen as experimenten de xeito satisfactorio e pleno.

Para que isto funcione da maneira máis óptima posible, tan só lles pedimos ás persoas que deciden participar: compromiso, motivación, ilusión e seriedade con estas accións solidarias. Consideramos que estas actitudes son imprescindibles para garantir o bó desenvolvemento das mesmas, a seguridade propia e a de todas as persoas implicadas; á vez que para ofertar unha experiencia enriquecedora que promova o cambio social.

INSCRICIÓN NAS ACCIÓNS

Todo o mundo é benvido a Simbiose, unha das nosas características é a accesibilidade! Para elo só terás que inscribirte nas accións a través da páxina web, na nosa sección do calendario ou a través da APP móbil. Pódes seguir os sinxelos pasos para apuntarte no apartado “Participa!”.

Unha vez feito isto, só estarás inscrito/a en caso de que te chegue un correo electrónico de confirmación da actividade. Todas as inscricións son individuais (excepto pais, nais ou titores/as legais que participan con fillos/as menores de 16 anos). Isto non quere dicir que non te poidas inscribir con amigos/as a unha actividade, só que cada persoa ten que anotarse individualmente e nunca aparecer por sorpresa, pois as accións están deseñadas para un número máximo de persoas, garantindo así que todo mache ben e de xeito seguro. A persoa referente de Simbiose porase en contacto contigo como moi tarde o día antes da acción, para confirmar a participación e ver se tes dudas (como chegar o punto de encontro, etc.).

No caso de ter que cancelar a participación nalgunha actividade días antes do seu desenvolvemento, deberás facelo enviando o antes posible un correo electrónico a participacion@asociacionsimbiose.org. Isto é moi importante, pois así deixas sitio para que outras persoas poidan participar no teu lugar. Se a cancelación se fai o mesmo día da actividade, deberás informar á persoa de referencia canto antes e asegurarse de que dita persoa queda informada (preferiblemente por teléfono).

 

DURANTE A ACCIÓN

As persoas participantes deben chegar puntuais e permanecer durante toda a acción. En ocasións, a almacenaxe e limpeza tamén son parte das accións, e polo tanto formará parte das tarefas a realizar.

Todas as actividades de Simbiose son colectivas, polo que as persoas participantes nunca se atoparán soas coas persoas destinataria durante as actividades, salvo que a entidade asociada e Simbiose o autoricen.

As persoas participantes deben respectar a confidencialidade; por iso, poderase solicitar asinar un documento de confidencialidade.

En Simbiose pedimos ás persoas que se inscriben nas actividades que teñan sempre presentes os valores e principios da entidade, que dean o mellor de si mesmas e que sigan as instrucións da acción que se lles indicaron.
Non será admitido durante o transcurso dunha actividade ningún tipo de comentario discriminatorio (homófobo, racista, xenófobo, capacitista, edadista, etc.), nin actuar de xeito violento (físico, verbal ou psicolóxico) ou ferinte cara calquera persoa implicada na actividade. Isto será motivo de expulsión inminente.

 

DEREITO DE ADMISIÓN E EXPULSIÓN

Simbiose resérvase o dereito de admisión ou de expulsión en calquera das acción que se leven a cabo co fin de salvagardar o bo desenvolvemento da acción, as persoas participantes e a entidade coa que se está a colaborar. Incumprir o noso Código de Conducta supón a expulsión inmediata da acción que estea a realizar e a finalización inmediata do Compromiso de Voluntariado acordado. Algúns dos motivos polo que se pode rexeitar unha candidatura ou expulsar a alguén dunha acción son:

  • Continuos retrasos ou saídas anticipadas sen xustificación.
  • Non acudir ás reunións informativas ou de capacitación na actividades que así o requiren.
  • Ausentarse en reiteradas ocasións das actividades sen cancelación previa ou cancelando reiteradamente de xeito precipitado sen xustificación.
  • Incumprir a confidencialidade das accións, persoas que participan nas mesmas, persoas das propias entidades e documentos privados das mesmas.
  • Calquera comportamento violento, inapropiado ou que vaia en contra dos nosos principios e valores.
  • Continuos comentarios discriminatorios.

 

COMUNICACIÓN PARTICIPANTE-SIMBIOSE

Se unha persoa participante das nosas accións ten algún tipo de pregunta, comentario, problema con outra persoa participante, destinatarias, etc. debe comunicalo de inmediato coa persoa representante de Simbiose na actividade. No caso de non querer comunicarllo a esa persoa, debe poñerse en contacto o antes posible co equipo de Simbiose para intentar resolver a situación.