Proxecto The Paroleo

O noso segundo proxecto chámase “The Paroleo”. Trátase dun espazo en liña que pretende dar visibilidade a todas aquelas iniciativas sociais, ambientais, de activismo ou de emprendemento lideradas por mozos e mozas,nun espazo onde practicamente non hai presenza deles.

Para elo, empregamos o formato podcast e vídeo dun xeito lúdico e accesible que permita inspirar á xuventude cara a construción dun mundo máis xusto!

  • Entrevista con Roig de "Os Biosbardos"
    Entrevista con Roig de "Os Biosbardos"

Pretendemos convidar a este espazo a mozos e mozas con novas ideas e experiencias vitais distintas, que permitan visibilizar esa cara da xuventude innovadora, responsable e comprometida coa sociedade e o planeta.

Non te perdas a nosa canle de YouTube!

Nin os nosos podcast!

Tamén podes escoitarnos en “Google Podcast“, “Apple Podcast” e “Anchor” (entre outras).

E se ti pertences a algunha iniciativa destas características, ou simplemente tes algo que contarnos, non dubides en contactarnos para vir a PAROLEAR CON NÓS!

Colabora: