Unha plataforma de participación alternativa, que nace como complementaria ao voluntariado convencional. Traballamos para democratizar a participación ofrecendo fórmulas divertidas, sinxelas e innovadoras de botar unha man nos momentos libres. Todo o mundo pode facelo!
Abrimos xanelas cara as entidades sociais/ambientais da cidade onde vives, para que as coñezas mentres pasas un bo intre, sen compromiso. Cal é a nosa receita? Descúbrea apuntándote a unha das accións que preparamos para ti.