Leti

Linkedin

Leticia tolea cos proxectos de innovación social, de formación psicóloga, técnica de proxectos e especialista en migracións. Fan number one das viaxes, a bici e as linguas, nun momento baila unha muiñeira e noutro cocínache uns falafel. Terremoto á vista!

Ahmad

Linkedin

Ahmad  é un mediador intercultural e traductor de árabe, tamén carpinteiro de madeira, encántalle cociñar cousas tradicionais do seu país e aprender idiomas, é voluntario case en tódalas ONGs da Coruña, é coordinador do proxecto RefuCoru para informar ás persoas refuxiadas en España.

Lorena

Linkedin

Lorena é unha educadora social vocacional especialista en xénero, envellecemento e a retranca galega. Apaixonada do social, cústalle máis dicir que non a un bo proxecto que á tortilla da súa nai. Follower da participación cidadá e de todo aquelo que a faga descubrir cousas novas, encántalle viaxar, a aldea e o polbo á feira, nótase, non?

Fani

Linkedin

Estefanía estudou traballo social e políticas sociais e está especializada en migracións e xénero. Preocupada polo medioambiente e as desigualdades sociais, trata de contribuir co seu graniño de area. Ah! Ademais é amante do cine e das viaxes.

Ismaeil

Linkedin

Ismaeil alias “Saíd” é un técnico informático friki da programación e o deseño web. Encántalle viaxar, os idiomas e aprender cousas novas, aínda que a súa paixón e a súa especialidade é a “meluxía”, un prato da súa Siria natal que o convirte no noso chef oficial.