Misión

Facilitar a participación e o voluntariado. Así de simple. E eliximos facelo propoñendo accións sociais e ambientais alternativas e innovadoras dende o local. Buscamos sobre todo a participación das persoas tradicionalmente menos implicadas e dos colectivos minorados, como por exemplo as persoas diversamente funcionais, en risco de exclusión, as persoas sen teito e as minorías étnicas/sociais, como xeito de apoiar a inserción destas.

Visión

Imaxinamos unha sociedade onde todas as persoas teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades á hora de participar e realizar voluntariado: Estaría ben, verdade? Pois co teu apoio, o lograremos un anaco máis.

Obxectivos

Traballamos para democratizar a participación e o voluntariado a través destes 5 obxectivos:

  1. Eliminar as barreiras que dificultan a participación e voluntariado social e/ou ambiental, analizar as barreiras que existen (reais ou percibidas) cara á participación libre e crear proxectos que as minimicen.
  2. Visibilizar as opcións de participación e voluntariado social e/ou ambiental, difundindo as opcións que existen a nivel local e a nivel internacional, creando redes con entidades e visibilizando a súa labor.
  3. Fomentar a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, sensibilizando á sociedade galega nas realidades tan diversas nas que vivimos, dende os valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade.
  4. Impulsar o desenvolvemento persoal e profesional das persoas, especialmente os mozos e mozas, a través de formacións e experiencias significativas a nivel local e/ou internacional.
  5. Apoiar os servizos sociais de base levando a cabo programas de intervención comunitaria que reforcen a eficacia das prestacións esenciais.

Valores

Guiámonos por eles para acadar os nosos obxectivos e representan o noso punto de partida para poñernos mans á obra:

PARTICIPACIÓN    PROXIMIDADE     INNOVACIÓN SOCIAL   

INDEPENDENCIA    TRANSPARENCIA

COMPROMISO COS DEREITOS HUMANOS E AMBIENTAIS

 

 

Para máis información, consulta os estatutos da asociación Simbiose aquí.

0
Accións
0
Participantes
0
Horas de participación