Que é Simbiose?

Simbiose é a plataforma de participación local alternativa.

Moitas persoas queren botar unha man na cidade, mais por diversos motivos, non o conseguen. En Simbiose traballamos para democratizar a participación e facilitar o acceso das persoas que desexan dar parte do seu tempo a causas comúns.

A través dos nosos proxectos de sensibilización e captación, procuramos favorecer un achegamento entre a poboación civil pouco implicada e as entidades locais, eliminando as principais barreiras, coma poden ser a falta de tempo, de información, de preparación, a dificultade de compromiso… ou a timidez.

Cal é a nosa receta? Ser creativas, darlle a volta á tortilla dos xeitos de voluntariado convencional e aderezalo todo con ganas de pasar un bo rato!

Simbiose é unha poderosa ferramenta de educación non formal, unha alternativa de lecer saudable e comprometido, ademais dun xeito de fomentar a cohesión social.

Obxectivo

En Simbiose traballamos sobre tres eixos principais:

  • Eixo 1 – Democratizar a participación local a través do impulso e promoción á poboación civil en accións de carácter social e/ou ambiental. Diminuír as barreiras á participación en actividades solidarias locais creando opcións adaptadas para todos os públicos.
  • Eixo 2 – Sensibilizar sectores de poboación tradicionalmente alleos ás problemáticas de colectivos minorizados, en risco ou en situación de exclusión social (persoas migradas, refuxiadas, minorías étnicas, persoas con funcionalidade diversa, etc.) Dar voz ás necesidades propias dos colectivos minorizados en novos espazos e promover investigacións e estudos sobre elo.
  • Eixo 3 – Contribuír á mellora do traballo en rede das entidades de carácter social ou ambiental no territorio de actuación. Poñer en valor o traballo das entidades que apoian aos colectivos minorizados, en risco ou en situación de exclusión social.

Valores

Os nosos principais valores son:

COMPROMISO    PROXIMIDADE     PARTICIPACIÓN     XUSTIZA SOCIAL

E formamos unha equipa de persoas que traballan xuntas intentando ser promotoras do cambio, poñendo ilusión e todas as nosas ganas en cada un dos pasos que imos dando.

 

Consulta as nosas actividades no Calendario e Participa connosco.

0
Accións
0
Participantes
0
Horas de participación