En Simbiose fomentamos a participación integral da sociedade tanto a nivel individual coma grupal. Por iso, ofertamos solucións adaptadas ás necesidades de cada colectivo: entidades do Terceiro Sector, empresas e institucións. Participación á medida!

Entidades

Coas entidades da nosa contorna, establecemos unha relación de colaboración, o cal permite gañar en visibilidade, optimizar recursos e complementar accións preexistentes con apoios puntuais. Iso si, sen rexenerar máis traballo ás nosas compañeiras, sen crear novas necesidades e sen substituír a persoas voluntarias ou profesionais da entidade coa que colaboramos. Descubre aquí o que podemos facer xuntas!

Empresas

Simbiose aposta pola Responsabilidade Social Corporativa (RSC) das empresas galegas. Ofertamos formacións, seminarios, plans personalizados e actividades que permitan informar e converter ás traballadoras e traballadores en axentes de participación sociais e ambientais. Empresario/a ou traballador/a, a oportunidade de aportar o teu grao de area atópase aquí.

Institucións

As institucións, coma municipios, deputacións ou incluso a Xunta ou o Estado son axentes de participación social, xa que se poden implicar directa ou indirectamente en apoiar e fomentar a participación local dos seus cidadáns e das súas cidadás. Descobre como o están a facer aquí.

Colaboracións